Como cada ano, a ACLP Roxín Roxal organiza os seus Roteiros de Outono, unha serie de percorridos a pé dedicados á promoción e posta en valor do noso patrimonio cultural e natural. Este ano temos preparados os seguintes roteiros:
Domingo 11 de outubro
Revivindo a Viqueira

Roteiro en lembranza da riquísima e inesquecíbel figura de Johán Vicente Viqueira (1886-1924), filósofo, literato e pedagogo, veciño da parroquia de San Fiz de Vixoi (Bergondo). O roteiro inclúe visitas de observación botánica aos pazos de San Vitorio e Mariñán. A saída será ás 9.30 horas na igrexa da Angustia (Betanzos).
________________________________________________________________________
Sábado e domingo 24 e 25 de Outubro

Agardamos contar coa vosa presenza!
RR
Contacto: roxinroxal@yahoo.com
_________________________________________________________________________
Vídeo de youtube sobre as actividades de Roxín Roxal en 2007
BENVIDOS/AS A ROXÍN ROXAL
Coa creación desta nova web abrimos un espazo de encontro e intercambio de información, datos, imaxes e opinións. Esperamos que sexa unha ferramenta útil para todos vós! Navegando por ela poderás atopar moita información relacionada con Roxin Roxal, as novas da asociación, as actividades feitas e as previstas, as galerías de fotos, as zonas de participación activa, así como outras informacións que poden ser da vosa utilidade. Benvido/a de novo e grazas pola túa visita!
________________________________________________________
___________________________________________________
